O novo equipo directivo da entidade inclúe a presenza de Jaime Vázquez Caneiro, un mozo coa síndrome de Down de 38 anos e que, en calidade de vocal, aportará a visión e inquietudes das persoas con diferentes capacidades.
O pasado sábado 10 de marzo tivo lugar na sede da Asociación a Asemblea Ordinaria de Down Coruña na que, entre outros temas, se aprobou a candidatura á Xunta directiva desta entidade.
Xunto a Jaime Vázquez, conforman a Xunta Directiva:
- Manuel Álvarez Esmorís: Presidente
- Mª Teresa Ruocco Lippolis: Vicepresidenta
- Eloy Álvarez Alvariño: Secretario
- Abel Cotelo Suárez: Tesoureiro
- Xusto Fernández Fernández, José Antonio Candal Uzal y Ricardo Santos Rodríguez: Vocais
Todos eles traballarán para acadar a plena integración e nomalización das persoas coa síndrome de Down en todos os ámbitos sociais.
Deste xeito, continuarase na mesma liña de traballo, seguindo a filosofía de Down Coruña e a labor iniciada pola anterior Xunta Directiva, grazas a cuxa implicación e traballo se acadaron importantes logros en beneficio das persoas coa síndrome de Down e outras discpacidades intelectuais.