O spot promocional “Nós non vemos a diferenza”, que Down Galicia presentou con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down, foi realizado grazas á colaboración dunha ducia de persoas e entidadades que nos doaron o seu tempo, a súa profesionalidade, os seus establecementos, as súas casas e, o máis importante, a súa boa disposición. Este traballo nunca tería sido posible sen o inxenio, o talento, a vontade e a entrega de SILVIA CARNERO e ADRIÁN PINO, pais da idea orixinal e artífices da producción e a realización. Abríronnos as súas portas:
- Hotel Restaurante Costa Vella (Santiago)
- Frutas Barreiro (Calo. Teo)
- Joyería Gelucho (Cacheiras)
- Panadería Elensu (Santiago)
- Ana Ferreirós
- Sound Dat
Púxonos guapos/as:
- Raquel Fidalgo
Agasallounos cunha música marabillosa:
- Santi Yul
Obsequiáronnos coa súa experiencia como actores:
- Monti Castiñeiras
- Lucía Regueiro