O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Ignacio López-Chaves, e o presidente da Asociación Síndrome de Down de Vigo, Fernando Molina, asinaron un convenio de colaboración co fin de promover a socio-laboral das persoas con discapacidade intelectual.
En virtude de dito convenio, unha persoa da Asociación viguesa xa comezará nos vindeiros días a facer prácticas no departamento de conserxería do Porto de Vigo durante un período de 2 meses, con opción de prórroga de ata 6 meses máis. Unha nova oportunidade de inserción laboral que nace co obxectivo último de conseguir que as distintas Administracións se vaian abrindo cada vez máis ao mundo da discapacidade.
A través deste tipo de acordos potenciase a integración das persoas con diversidade funcional na sociedade, facilitando a inserción laboral en contornas ordinarias daquelas persoas con discapacidade que participan no Servizo de Emprego con Apoio da Asociación Down Vigo.