Down Galicia celebra o Día Mundial da Síndrome de Down cun acto que terá lugar o vindeiro 21 de marzo de 2013, ás 18:00 horas, no Auditorio da Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.
O acto incluirá a lectura do Manifesto pola autonomía das persoas coa síndrome de Down, que estará presidida polo Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, D. Xesús Vázquez Abad, e unha pequena maratón de lectura inclusiva que contará coa presenza dos escritores Xosé Neira Vilas e Rosalía Morlán.
Será unha gran oportunidade para facer un chamamento á inclusión das persoas coa Síndrome de Down e pregoar a necesidade de medidas e actitudes que poñan en valor as súas capacidades e non as súas limitacións.