Pretende ser un recoñecemento a todas as persoas que contribúen a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e “máis alá das súas obrigas profesionais, aportan o seu gran de area para facer realidade o soño das persoas con discapacidade e facilitarlles o seus día a día”, asegura o presidente de Down Compostela, Juan Martínez. Como recolle a presentación desta iniciativa de Down Compostela, “Este Calendario 2014 pretende ser unha pequena homenaxe aos implicados e implicadas que teñen moito que ensinar, cousas que dicir, alguén a quen coidar, algo que ofrecer ou experiencias que compartir. Quere ser un recoñecemento para os que, comprometéndose, están dispostos a aprender e sentir que hai outras formas de vivir ou, simplemente, recibir un sorriso sincero como recompensa polo seu traballo, desinteresado na maioría das ocasións”. Inclúe doce fotografías, todas elas feitas por Óscar Dacosta, na que se recollen imaxes das diferentes persoas homenaxeadas. Docentes, xornalistas, médicos, o primeiro equipo da SD Compostela, terapeutas, ex traballadoras e voluntarias acompañan a usuarios e usuarias da Fundación nun percorrido de doce meses. O presidente de Down Compostela, Juan Martínez, fai fincapé en que “grazas a os que aparecen neste calendario, e a outros moitos, as persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual téñeno un pouco máis doado. Pero non é suficiente”. Por iso, insiste Martínez, “na Fundación Down Compostela seguimos traballando para superar as dificultades existentes, para mellorar a súa calidade de vida e axudarlles a demostrar todo o que son capaces de facer”.
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos.
The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.