A Fundación Grupo Norte apoiará economicamente o proxecto “Emprego con Apoio”, impulsado por Down Galicia e que ten como obxectivo facilitar ás persoas con discapacidade intelectual, especialmente aquelas coa síndrome de Down, a súa incorporación social e laboral no mercado ordinario garantindo para iso todos os apoios que tanto a persoa, a familia como o empregador precisan. Así se establece no convenio asinado polo presidente de Down Galicia, Delmiro Prieto, e o da Fundación Grupo Norte, Javier Ojeda, nun acto que tamén contou coa participación da conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, da secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, e de unha das persoas participantes no programa, Pamela Casagrande. O acordo contempla que a Fundación Grupo Norte doará á Federación 50.000 euros ao longo do ano 2014 para facilitar a inclusión de persoas coa síndrome de Down, contemplando entre as súas actividades prioritarias a formación, orientación e asesoramento no ámbito laboral. Este convenio é froito da convocatoria de Proxectos Solidarios que a Fundación Grupo Norte convoca a nivel estatal e na que Down Galicia resultou gañadora co seu programa de emprego, despois de superar un proceso no que concorreron 85 proxectos sociais de 13 comunidades autónomas e resultar o elixido polos propios traballadores de Grupo Norte en votación secreta e electrónica. O proxecto conta ademais co importante compromiso económico da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, que desde o ano 2002 financia a maior parte dos custe de persoal mediante unha subvención prorrogable. Destinatarios do proxecto Os destinatarios do proxecto ‘Emprego con Apoio”, son persoas con discapacidade intelectual en xeral e síndrome de Down en particular cunha cualificación de discapacidade superior ao 33% segundo a lexislación vixente, maiores de 16 anos e residentes na Comunidades Autónoma de Galicia. O acceso ao mercado laboral das persoas que forman parte deste colectivo resulta especialmente complexo presentando taxas de paro do 90% en homes e do 99% no caso das mulleres. A importancia deste proxecto reside no feito de que a integración laboral das persoas con discapacidade no sistema ordinario de traballo segue supoñendo hoxe en día un reto para a sociedade. Ata fai uns anos, as persoas coa síndrome de Down ou discapacidade intelectual en xeral, mantivéronse á marxe de toda actividade laboral competitiva e, por extensión, de outros moitos ámbitos da sociedade. A súa falta de formación específica, ausencia de expectativas laborais e descoñecemento de outras realidades, impedía que se integraran plenamente no mundo laboral. Na actualidade, e froito dos esforzos das familias e das organizacións sociais, os usuarios desexan acadar un traballo ao consideralo un espazo de recoñecemento público básico para a construción dun rol activo e participativo. Un traballo supón ocupar un lugar na sociedade: a meta de calquera cidadán adulto, xa que grazas a el, pódense acadar grandes cotas de autonomía e de independencia, ademais da económica con acceso ao traballo.
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos.
The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.