Catorce proxectos de entidades prestadoras de servizos sociais de Galicia foron seleccionados pola Fundación Barrié e a Fundación Roviralta, que os financiarán cun total de 150.000 euros. Trátase da primeira convocatoria de proxectos impulsada conxuntamente por ambas entidades, e que foi creada para complementar os beneficios do programa Más Social. O obxectivo é facilitar apoio económico a proxectos sociais de entidades participantes en Más Social, un programa de fortalecemento do terceiro sector galego que a Fundación Barrié, en colaboración coa Fundación de PwC, desenvolve desde fai tres anos, e ao que se incorpora por primeira vez a Fundación Roviralta. Down Galicia, entidade participante na primeira edición de Más Social, participou nesta nova convocatoria cun proxecto denominado “Dinamización da base social; capacitación tecnolóxica”. O obxectivo será o de desenvolver accións de sensibilización, información e formación en capacitación tecnolóxica para persoas usuarias, familias e profesionais de seis entidades membro da Federación situadas en Santiago, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra. Perséguese evitar o ensanchamento da brecha dixital destas persoas, que están quedando á marxe do mundo tecnolóxico por razóns de idade, económicas, xeográficas e/ou de formación, así como garantir unha comunicación fluída e efectiva entre as entidades Down e a súa base social (persoas con discapacidade intelectual/síndrome de Down e as súas familias, profesionais e voluntarios). Más Social é un programa dirixido a entidades do Terceiro Sector e pretende promover un modelo de acción social economicamente sostible, que facilite a estas organizacións medios e estratexias para optimizar a súa xestión e orientalas cara ao futuro cun crecemento estable. Iniciado no 2011 como primeiro proxecto común entre as Fundacións Barrié e de PwC, Más Social converteuse xa nun modelo de referencia en canto ao apoio a estas entidades sociais, cun rol fundamental na atención aos colectivos máis vulnerables.
Un proxecto para dinamizar a base social de Down Galicia, entre os catorce financiados pola Fundación Barrié e a Fundación Roviralta
3 Xullo, 2014
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos.
The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.