Down Galicia vén de celebrar, na pasada fin de semana, a Xornada “Aprendizaxe Cooperativa. Unha escola para tod@s” na que participaron profesionais docentes, de orientación e directivos dos centros educativos de infantil, primaria e secundaria da Consellería de Educación, así como técnicos de educación das entidades Down. Trátase dunha acción formativa homologada pola propia Consellería de Educación e que contou con 180 persoas inscritas. Despois de dúas edicións do curso de “Aprendizaxe Cooperativa”, coordinado por Down Galicia e anos anteriores, esta xornada pretendía analizar os avances e o impacto referidos á aplicación desta metodoloxía nas aulas galegas, compartir as dificultades e barreiras na súa aplicación e ofrecer criterios de reflexión para impulsar a transformación das aulas cunha tendencia inclusiva. Hai que lembrar que o obxectivo desta metodoloxía é crear aulas máis inclusivas, nas que todo o alumnado poida cooperar na aprendizaxe dos seus compañeiros e compañeiras. Para acadar este fin dotouse aos mestres e profesionais de apoio dos instrumentos necesarios para organizar as súas aulas de forma cooperativa e implementar procesos de ensinanza/aprendizaxe onde todos poidan participar equitativamente e interactuar de forma simultánea, facendo especial incidencia naqueles alumnos con máis barreiras para a aprendizaxe. A primeira parte da xornada correu a cargo de Pere Pujolàs Maset -doutor en Pedagoxía pola Universidade de Girona e profesor do Departamento de Pedagoxía da Universidad de Vic- un referente a nivel pedagóxico no conxunto do Estado español e que se encargou de expoñer tanto a parte teórica desta metodoloxía como de facer un repaso por casos concretos nos que este modo de aprendizaxe/ensinanza foi aplicado con éxito. Pola súa banda, Ángeles Parrilla Latas, catedrática da Área de Didáctica e Organización Escolar na Universidade de Vigo, presentou o proxecto “A Estrada Inclusiva”, un proxecto pioneiro que pretende implicar a toda a sociedade estradense –non só aos centros educativos- a través dun plan educativo local. Na liña práctica, para compartir e reflexionar sobre experiencias realizadas, profundaron cinco mestras de colexios de Cambados, A Gándara e Pontecaldelas, que relataron os avances que foron experimentando nas súas aulas coa aplicación da “Aprendizaxe Cooperativa” e sobre as que se debateu e reflexionou posteriormente en grupos de traballo. En que consiste a Aprendizaxe Cooperativa Entendendo a aula como unha pequena “comunidade de aprendizaxe”, a Aprendizaxe Cooperativa é o uso didáctico de equipos reducidos de alumnos e alumnas para aproveitar ao máximo a interacción entre eles, co fin de maximizar a aprendizaxe de todos. Unha característica esencial destes equipos –denominados equipos de base– é a súa heteroxeneidade a todos os niveis: xénero, motivación, rendemento, cultura, … Os membros dun equipo de Aprendizaxe Cooperativa teñen unha dobre responsabilidade: aprender o que o profesor lles ensina e contribuír a que o aprendan tamén os seus compañeiros de equipo. Tamén teñen unha dobre finalidade: aprender os contidos escolares, e aprender a traballar en equipo, como un contido escolar máis. É dicir, cooperar para aprender e aprender a cooperar. Non se trata de que os alumnos e alumnas dunha clase fagan, de vez en cando, un “traballo en equipo”, senón de que estean organizados, de forma permanente e estable, en “equipos de traballo” fundamentalmente para aprender xuntos e, ocasionalmente, se se require, para facer algún traballo entre todos. Nas situacións de Aprendizaxe Cooperativa, cada estudante experimenta sentimentos de pertenza, de aceptación e de apoio. Así mesmo, as habilidades e os roles sociais requiridos para manter unhas relacións interdependentes poden ser ensinadas e practicadas. O obxectivo desta metodoloxía é acadar “UNHA ESCOLA PARA TOD@S”, con capacidade para responder ás necesidades individuais dos seus alumnos e alumnas, sexa cal sexa o seu grao de especificidade. Un tipo de escola que debe ser capaz, polo tanto, de adecuar recursos e metodoloxías ás características do alumnado con necesidades educativas especiais.
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos.
The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.