A xornalista Rosa María Calaf, o presidente de EAPN España, Carlos Susías, e a directora da Fundación Civio, Cristina Moreno Alborán, están entre os máis de corenta relatores que participarán no IV Foro de Capacitación sobre pobreza, exclusión social, terceiro sector e voluntariado os días 9 e 10 de outubro en Compostela. A cita, organizada por EAPN Galicia, a Coordinadora Galega ONGD e CERMI Galicia centrarase en temas como a transparencia e a participación para atallar a corrupción, a implicación dos afectados fronte ás políticas asistencialistas e a participación obrigada das organizacións sociais galegas na xestión e seguimento dos fondos estruturais europeos. O Foro celébrase na Escola Galega de Administración Pública e contará por primeira vez coa chamada Ágora do Terceiro Sector e Voluntariado. Trátase dunha experiencia na que organizacións sen ánimo de lucro e empresas de economía social exporán en quendas de 15 minutos un proxecto innovador, ante un auditorio reducido que verá as posibilidades de ser replicado. Son once as propostas que se exporán deste xeito, e van desde a promoción do software libre a espazos de información na Rede para poder mercar roupa fabricada con medios responsables; a busca de fontes de financiamento alternativas á minguante achega pública; o mentoring e apoio en situacións de exclusión; e as redes de apoio entre consumidores especialmente desprotexidos. Participan as entidades Agasol, Amarante Setem, Cogami, Ecos do Sur, Federación Autismo Galicia, Fundación Juan Soñador, Fundación Secretariado Gitano, Grupo Emaús Fundación Social, IGAXES, Reseteando e ADICAE. Liñas básicas e relatores O Foro, que chega á cuarta edición, estrutúranse en torno a catro liñas básicas: transparencia e participación fronte á corrupción; transparencia na xestión dos fondos europeos; mellor comunicación para a inclusión activa; e retos para facer que a Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA) sexa efectiva. Entre os máis de corenta relatores que participarán nas sesións atópanse a veterana xornalista de Televisión Española Rosa María Calaf, que pronunciará unha conferencia titulada Comunicación decente contra a desigualdade e a pobreza. Tamén participará no Foro Cristina Moreno Alborán, da Fundación Civio, unha plataforma dedicada a rescatar desde o xornalismo de datos feitos e cifras relevantes para a cidadanía, desde o destino dos impostos ás contradicións dos representantes políticos ou as relacións entre os máis poderosos. Mentres, Carlos Susías,presidente de EAPN España, falará de Transparencia e participación da sociedade civil na xestión dos Fondos Estruturais. ¿Ficción ou realidade? Inscrición e información Para máis información sobre a inscrición e para recibir un programa detallado do IV Foro, os interesados poden acceder ao sitio web www.pobrezagalicia.org ou escribir ao correo info@eapn-galicia.com.
Rosa María Calaf, Carlos Susías e a Fundación Civio, entre os relatores do Foro sobre Pobreza e Exclusión Social
7 Outubro, 2014
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos.
The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.