O proxecto “Capacitadas. Formación integral de nenas coa Síndrome de Down”, da Fundación Down Compostela, foi un dos galardoados en Galicia con 10.000 euros nos Premios Territorios Solidarios convocados por BBVA, e que se entregaron no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña. “Capacitadas. Formación integral de nenas coa Síndrome de Down” abarca unha formación integral, no ámbito educativo e social, para que as nenas e mozas coa Síndrome de Down e discapacidade intelectual que acoden a colexios ordinarios “poidan acadar un maior grao de autonomía cando se convertan en mulleres e poidan achegar o seu gran de arena a esta sociedade na que vivimos”, como explicou o presidente da Fundación, Juan Martínez. Na entrega dos premios, Martínez estivo acompañado pola directora da Fundación, Marta Rodríguez, e polos mozos Cristina Villar e Álvaro Díez, que colaboraron na entrega dos premios. Juan Martínez, explicou que o proxecto galardoado vai permitir colaborar coa integración escolar de 23 nenas e mozas, de entre 4 e 19 anos, que acoden a vinte centros ordinarios. “Desde Down Compostela, e en coordinación cos colexios, complementamos a formación que reciben nos centros, nas áreas de logopedia, lecto-escritura, psicomotricidade, novas tecnoloxías ou autonomía para que estas alumnas se convertan en mulleres adultas coas mesmas oportunidades que os demais. É un proxecto a medio prazo co que, desde a Fundación, queremos contribuír ao cumprimento da Convención de Dereitos das Persoas con Discapacidade que aprobou Nacións Unidas e que foi ratificada por España”. O director da territorial noroeste do BBVA, Juan Carlos Hidalgo, explicou que Territorios Solidarios é “unha iniciativa dirixida a persoas que persegue apoiar proxectos sociais”, que permite “descubrir o lado máis humano” con colaboración e talento orientado a axudar aos que máis o necesitan. Os empregados de BBVA son os que deciden que proxectos da súa contorna apadriñan e presentan á convocatoria e, a través dos seus votos, a cales deles se destinan as axudas.
Down Compostela acada 10.000 euros nos premios Territorios Solidarios de BBVA
18 Novembro, 2014
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos.
The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.