O presidente de Down Galicia, Delmiro Prieto, máis o presidente de Down Compostela, Juan Martínez, trasladáronlle esta mañá ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e á secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, unha das reivindicacións históricas das persoas con discapacidade intelectual sobre o acceso ás convocatorias públicas. Os representantes das entidades Down solicitaron que a Administración contemple na Función Pública a todos os colectivos de persoas con discapacidade, e realice convocatorias específicas para persoas con discapacidade intelectual, tanto para oposicións como para persoal laboral. Juan Martínez e Delmiro Prieto solicitáronlle ao vicepresidente que a Xunta promova unha convocatoria específica de oposicións para persoas con discapacidade intelectual, como xa ten feito a Administración Central e outras administracións autonómicas e locais. Martínez e Prieto sinalaron que esta é “a única maneira de garantirlle o acceso ao emprego público as persoas deste colectivo”, e recordaron que o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas acaba de convocar, por segunda vez, un concurso oposición ao que só se poden presentar persoas con discapacidade intelectual (as anteriores foron no 2011). Nestas convocatorias en quenda única e independente para persoas con discapacidade intelectual contémplanse adaptacións como a redacción do temario en lectura fácil, a presentación máis accesible das preguntas do exame, ou a ausencia de plantilla para que poidan responder na mesma folla do exame. O vicepresidente da Xunta e a secretaria xeral de Igualdade visitaron Down Galicia e Down Compostela para comprobar de primeira man o traballo que están a facer as entidades Down ao abeiro de dúas axudas concedidas por este departamento, destinadas á formación e orientación laboral de mulleres con discapacidade, é ao investimento en novas tecnoloxías. Durante o exercicio 2014, Down Galicia recibiu por estes dous proxectos un total de 27.362,56 euros O primeiro dos proxectos denominado “Proxecto de información, asesoramento e orientación laboral para mulleres con discapacidade intelectual ocupadas, desempregadas e/ou en mellora de emprego” ten coma obxectivo facilitar ás mulleres destinatarias os apoios e recursos necesarios para mellorar a súa capacidade e posibilidade de ocupación e inserción laboral. O número beneficiarias foi de 51 mulleres con discapacidade intelectual ocupadas, desempregadas ou en mellora de emprego localizadas en distintos puntos da Comunidade Autónoma de Galicia. O segundo programa, denominado “Programa de investimento. Novas tecnoloxías para o movemento Down Galicia”, tivo por obxectivo mellorar e renovar o equipamento tecnolóxico necesario para optimizar ao máximo as posibilidades que a sociedade da información ofrece en favor das persoas coa síndrome de Down, as súas familias, persoas voluntarias e persoas profesionais das entidades Down en Galicia.
Down Galicia demanda que se contemple a discapacidade intelectual nas convocatorias de emprego público
7 Xaneiro, 2015
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos.
The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.