A Fundación Grupo Norte e a Federación Down Galicia presentaron o balance da súa colaboración no programa de “Emprego con Apoio” durante o pasado exercicio. En virtude desta colaboración, a Fundación Grupo Norte aportaba 50.000 euros á Down Galicia, para que un total de 80 persoas contasen cos apoios necesarios para conseguir a súa inserción laboral ou manter o seu posto de traballo. Durante a presentación do balance, o presidente da Fundación Grupo Norte, Javier Ojeda, destacou que “quixemos trasladar directamente aos empresarios unha mensaxe central de concienciación para que coñezan de primeira man que poden contar coas persoas con discapacidade intelectual para cumprir con eficiencia o seu desempeño. É cuestión de vontade e de querer cambiar as cousas”. Pola súa parte, o presidente de Down Galicia, Delmiro Prieto, fixo fincapé na “necesidade de contar con oportunidades reais de contratación para as persoas coa síndrome de Down, para o que é necesario seguir reivindicando máis conciencia e máis compromiso por parte das empresas ordinarias e das Administracións públicas”. Convén lembrar que esta colaboración nacía froito da convocatoria de Proxectos Solidarios que a Fundación Grupo Norte convoca a nivel estatal e na que Down Galicia resultou gañadora co seu programa de emprego no ano 2014, despois de superar un proceso ao que concorreran 85 proxectos sociais de 13 comunidades autónomas, e resultar o elixido polos propios traballadores de Grupo Norte en votación secreta e electrónica. Unha vez finalizada esta colaboración, o Grupo Norte continúa co seu apoio e impulso á inserción laboral a través da contratación de persoas con discapacidade intelectual e síndrome de Down nas súas oficinas en Galicia. Neste sentido, nos vindeiros días está previsto que un mozo con discapacidade intelectual comece un período de prácticas laborais con posibilidade de contrato, nun posto de auxiliar administrativo nas oficinas de Grupo Norte en Vigo. Trátase de Ángel Raimúndez, un mozo de 30 años, que quixo agradecer a confianza de Grupo Norte e reivindicar máis oportunidades laborais para el e os seus compañeiros. “A discapacidade non nos define como persoas, definímonos polo que facemos día a día. No meu caso, non parei de loitar por lograr estar aquí hoxe. Máis compañeiros e compañeiras con discapacidade tamén merecen unha oportunidade. Todos os aquí presentes temos a obriga de traballar xuntos para cambiar e facer posibles esas oportunidades”, afirmou durante a súa intervención pública. Resultado e datos da colaboración Busca activa de emprego. En busca activa de emprego ofreceuse apoio a 39 persoas, das cales 25 asinaron un total de 29 períodos de prácticas, contabilizándose varias persoas que realizaron períodos de prácticas en diferentes empresas e/ou na mesma. A duración destes períodos de prácticas foi maioritariamente dun mes, e por sectores o maior número de convenios asináronse no sector servizos e administración, e en menor medida no sector da industria. Por outra banda, 22 persoas asinaron un total de 25 contratos e, ao igual que nas prácticas, contabilízanse casos de varios usuarios que asinaron máis dun contrato, ben en diferentes empresas ou na mesma. Analizando as condicións de contratación, é importante destacar que a maioría dos contratos de traballo asinados están baixo as condicións de contratos temporais, o 92%, polo que o logro dunha estabilidade laboral e un proxecto de vida faise bastante complicado. A esta circunstancia hai que sumarlle que o 88% destas contratacións son a tempo parcial. En canto a sectores de contratación, o 80% destas contratacións corresponden ao sector servizos, o 16% a administración e oficinas, e o 4% a industria. Mantemento do posto de traballo. Dentro deste proxecto, tamén se prestou apoio a un total de 41 usuarios que, a pesar de estar ocupados ao inicio do proxecto, foi necesario prestarlles apoio no seu proceso de mantemento do posto de traballo. Deste xeito, para estes 41 usuarios estiveron vixentes un total de 50 contratos, incluíndo prórrogas e renovacións de contratos anteriores aos que se lles due continuidade. En cuanto á tipoloxía dos contratos, ao contrario que no apartado anterior, aquí destacan as contracións indefinidas, que acadan o 68% do total, fronte ao 32% das contratacións temporais. En canto aos sectores, o 90% corresponde ao sector servizos, o 6% a administración e oficinas, e o 4% a industria.
Fundación Grupo Norte promove a contratación de persoas con discapacidade intelectual e síndrome de Down
25 Febreiro, 2015
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos.
The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.