As entidades que integran EAPN Galicia lanzan a seguinte pregunta a todas as candidaturas ás eleccións municipais galegas “Cre que a principal prioridade no seu Concello debe ser a mellora da calidade de vida e a dignidade das persoas, especialmente as que se atopan nunha situación de pobreza ou exclusión social?”. A resposta por parte das persoas candidatas solicitarase en forma de sinatura do documento “Compromiso coas persoas”, unha declaración de 15 principios que os candidatos e candidatas asinantes se comprometen a cumprir. O escrito inclúe medidas como o aumento drástico da coordinación e colaboración para a loita contra a pobreza e que permitan abordar a situación cun enfoque inclusivo, concluíndo que en 2016 terá reducido nun 15% o total das persoas que se atopan en risco de exclusión no seu Concello. O compromiso pide, ademais, que no 2016 se dedique un mínimo de 110 euros por habitante ao ano á partida orzamentaria de actuacións de protección e promoción social, que vén sendo o promedio do dedicado polos Concellos e Deputacións galegas no 2013. De non ter acadados estes dous principios, a persoa candidata comprométese a dimitir. Ao cabo da lexislatura, o compromiso implica reducir nun 25% as persoas que se atopan en pobreza ou exclusión, cumprindo así lo establecido na Estratexia Europa 2010, e aumentar os orzamentos sociais a 160 euros por habitante e ano. Para levar a cabo esta campaña, EAPN Galicia realizará entrevistas cos partidos políticos a nivel galego para que difundan o documento entre todos os candidatos e candidatas. Buscarase tamén unha participación activa da cidadanía para que pida aos políticos municipais un compromiso con estas actuacións, facendo desta campaña unha acción global e colectiva. “Concellos ao servizo das persoas” irá acompañada de difusión en redes sociais e medios de comunicación. Contará ademais cun apoio web onde aparecerá información sobre os datos de pobrezas, gasto social e transparencia dos concellos galegos, así como información sobre candidaturas e partidos que se van unido a esta campaña a través da sinatura do compromiso.
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos.
The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.