O Grupo de Teatro de Down Compostela, composto por mozos e mozas coa Síndrome de Down e discapacidade intelectual dirixidos por Lucas Herrador, estreará a obra “Solo ante la Peligros”. Será o vindeiro fin de semana, 13 e 14 de xuño, ás 20.00 horas, no Salón Teatro de Santiago de Compostela. O acceso á sala será libre, previa retirada da correspondente entrada nas billeteiras do Salón Teatro. Lucas Herrador optou nesta ocasión por unha versión moi persoal do western, “un xénero que, como Esperanza Aguirre, levanta adhesións ou rexeitamentos de maneira incondicional. Ou che gusta, ou o odias”. O director quixo dedicar esta obra, na que participan máis de 20 actores con discapacidade intelectual, a súa nai, “a muller máis valente, boa e alegre que coñezo, á que moitas veces vin sentada fronte ao televisor, emocionándose coas aventuras de John Wayne, Alan Ladd, Gary Cooper ou Clint Eastwood”, engade Herrador. Down Compostela contou este ano coa colaboración do pintor Rafael Romero Masiá, quen deseñou o cartel da obra. Os mozos e mozas do grupo de teatro levan moitos meses ensaiando “Solo ante la Peligros”. “Un espectáculo con máis de vinte actores en escena require moitas horas de traballo previo. A representación non sería posible sen a implicación de profesionais e familiares de Down Compostela que buscaron un oco nas súas axendas para botar unha man e que poidamos estrear a obra”, conclúe Lucas Herrador. Neste sentido cabe destacar que todo o vestiario da obra foi preparado e adaptado por Blanca Villar, quen montou o seu pequeno “obradoiro de costura” nas instalacións de Down Compostela.
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos.
The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.