Foi a única organización do terceiro sector de acción social que presentou comunicación e participou na mesa de experiencias, na súa calidade de entidade de referencia en formación e asesoramento nesta metodoloxía de ensino/aprendizaxe. Este Simposio, de carácter estatal e que foi celebrado en Vigo, congregou a mestres, profesores e asesores que están participando na aplicación do programa CA/AC (Cooperar para Aprender /Aprender para Cooperar). A Comunicación de Down Galicia levaba por título “Historias que cambian a Historia” e, a través da experiencia de tres alumnos/as que viven en distintos puntos de Galicia e que acoden a centros educativos ordinarios, abordou o reto que supón a etapa escolar para o alumnado que atopa máis barreiras para a aprendizaxe. Así, fixo un repaso polo proceso de cambio nas vidas destes alumnos e alumnas, e na dos seus compañeiros/as tras organizar a aula de acordo coa metodoloxía de Aprendizaxe Cooperativa. A Comunicación tamén recollía o valor engadido desta experiencia a través das das testemuñas dos nenos e das nenas que contaron como viron o cambio na escola e neles mesmos, mellorando as relacións, a comprensión mutua, tomando conciencia das capacidades de cada quen, e os beneficios de traballar en equipo e cooperativamente. En canto á mesa de experiencias, Down Galicia presentou a súa experiencia de coordinación con varios centros educativos nos que se está a traballar con esta metodoloxía. Na súa intervención as técnicos de educación expuxeron o punto de vista dos e das docentes, o retos aos que tiveron que facer fronte e a súa valoración do proceso e dos resultados. A nivel xeral, o máis destacado despois dun ano de traballar de xeito cooperativo foi unha maior corresponsabilidade do alumnado para sacar adiante os traballos na aula, máis participación e unión tanto na aula como nas actividades de ocio e, finalmente, demanda por parte do propio alumnado de seguir traballando en equipo.
Down Galicia participa no III Simposio de Aprendizaxe Cooperativa: Ensinar a Aprender en Equipo
3 Xullo, 2015
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos.
The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.