Mediante unha achega de 24.000 euros, a Obra Social “la Caixa” colabora co proxecto de Down Galicia “Vida independente para persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual”. Esta axuda enmárcase na Convocatoria de “Viviendas temporales de inclusión social 2015”, enfocada á realización de proxectos relacionados cos servizos de vivenda temporal para persoas en proceso de inclusión social. Para facer efectiva esta axuda, ambas entidades acaban de asinar un convenio de colaboración en virtude do cal, un total de 84 persoas con discapacidade intelectual, e en particular coa síndrome de Down, contarán cunha serie de apoios encamiñados a capacitalas para vivir de forma autónoma e independente fóra do fogar familiar. O obxectivo principal deste proxecto é o de favorecer, nas persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual, o desenvolvemento de recursos e habilidades que contribúan á vida autónoma, independente e autoxestionada no propio fogar e na comunidade na que se desenvolven, garantindo para iso os recursos necesarios e a implicación das súas familias. O proxecto de Vida Adulta e Independente de Down Galicia lévase a cabo en vivendas situadas en Lugo, Vigo, Lugo, A Coruña e Santiago de Compostela, nas que se ofrece a oportunidade de emancipación con apoio ás persoas participantes, para que poidan decidir nun futuro se desexan vivir soas, en parella, ou con outras persoas. Para iso, realízanse actividades encamiñadas a fomentar a convivencia, a responsabilidade, a autoxestión e as habilidades sociais e persoais necesarias para promover a toma de decisións e a capacidade para decidir como, cando e con quen quere vivir cada persoa.
“la Caixa” promove a vida autónoma e independente das persoas con discapacidade intelectual
30 Xullo, 2015
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos.
The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.