Cunha achega de 2.564€, a Deputación de Pontevedra continúa colaborando co proxecto “Talento profesional: Emprego con apoio para persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual” que pon en marcha Down Galicia na provincia de Pontevedra. Esta colaboración permitiu que un total de 104 persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual contaran cunha serie de apoios encamiñados a conseguir a súa inclusión no mercado laboral ordinario durante o ano 2015. Grazas a esta axuda prestáronse apoios por toda a provincia, especialmente na capital e nas cidades e concellos máis importantes, aínda que tamén naquelas áreas xeográficas ás que pertencen os usuarios e usuarias do proxecto de emprego. Na área de influencia de Pontevedra, ademais da propia cidade do Lérez, pódense citar Redondela, Marín, Pontecaldelas, Cambados e Cuntis. Mentres, na área de Vigo, ademais da cidade olívica, destacan Mos, Redondela, Baiona, Ponteareas, Tomiño, Cangas ou Moaña, entre outros. O programa de “Emprego con Apoio” responde á reivindicación das persoas coa síndrome de Down ao seu dereito a traballar en ámbitos laborais normalizados e dispoñer de recursos que lles permitan acadar maiores cotas de autonomía e independencia. Así, Down Galicia facilita a inclusión social e laboral deste colectivo garantindo todos os apoios que tanto a persoa, como a familia e o empregador precisan. Desta forma, os usuarios e usuarias que se incorporan a un posto, contan co apoio dun preparador laboral encargado de levar a cabo unha formación específica no propio posto, desenvolvendo estratexias de aprendizaxe para que o usuario ou usuaria poida ir adquirindo progresivamente unha adecuada execución das tarefas. O apoio tamén se centra na potenciación da interacción social cos compañeiros e compañeiras de traballo e na mediación na relación con eles para que se desenvolva de forma positiva e natural.
A Deputación de Pontevedra colabora na inserción laboral das persoas coa síndrome de Down
21 Xaneiro, 2016
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos.
The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.