Ilusionados e con ganas de demostrar a súa capacidades. Así iniciaron o pasado martes as súas prácticas formativas na Xunta de Galicia Elías Ledo, na Presidencia do goberno autonómico; Carlota Rodríguez, na Vicepresidencia, e Pamela Casagrande, no departamento de Política Social. Estas prácticas enmárcanse no convenio asinado o pasado 19 de febreiro entre a Consellería de Política Social e a Fundación Down Compostela, entre o conselleiro José Manuel Rey Varela e o presidente da Fundación, Juan Martínez. O obxectivo do convenio é facilitar aos tres novos seleccionados formación sobre aspectos como a estrutura xeral da Xunta de Galicia; as competencias atribuídas aos diferentes departamentos e entes; as funcións e os diferentes tipos de empregados públicos; o funcionamento dos sistemas de custodia e traslado de información e documentación entre distintos departamentos da administración autonómica, así como con persoas ou entidades alleas á mesma; e tarefas de apoio ao persoal de administración (reprografía, encadernación…). Pamela, Carlota e Elías realizarán estas prácticas ata o 31 de decembro do presente ano, realizando labores propios de ordenanzas nos diferentes departamentos do goberno autonómico. Durante o seu período de aprendizaxe estarán acompañados por un titor da Xunta e polas preparadoras laborais de Down Compostela. Os tres mozos realizarán as tarefas asignadas durante un máximo de 25 horas semanais, de luns a venres, dentro do horario habitual das diferentes consellerías.
Elías, Carlota e Pamela iniciaron con ilusión as prácticas formativas na Xunta de Galicia
4 Marzo, 2016
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos.
The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.