O Salón Regio do Círculo de las Artes de Lugo, acollerá o 20 de marzo a partir das 18:00 horas, os actos de celebración do Día Mundial da Síndrome de Down e do XX aniversario da Asociación Down Lugo. Nesta edición entregaranse os III Premios Down Galicia, co obxecto de recoñecer o labor a prol da promoción da autonomía e igualdade das persoas coa síndrome de Down, realizado tanto por institucións e entidades como por persoas particulares. Acto conmemorativo Nesta celebración do Día Mundial, as verdadeiras protagonistas serán as persoas coa síndrome de Down, que se farán cargo da presentación e desenvolvemento do acto e farán oír a súa voz a través da lectura do Manifesto pola Autonomía Persoal. Serán as encargadas, ademais, de entregar os Premios Down Galicia que, nesta terceira edición recaen en Gonzalo Corredoira, pola súa implicación co programa de Emprego con Apoio de Down Lugo, na categoría de persoa individual; e na Fundación Alcoa, pola súa colaboración con Down Lugo a través de programas de voluntariado dende hai máis de 10 anos, na categoría institucional. No acto tamén intervirán o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo Páez, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, e os presidentes de Down Lugo, Mª José Blanco Freire, e de Down Galicia, Delmiro Prieto González. Será este un evento colorido e visual, no que se intercalarán números musicais, vídeos e divertidas actuacións que farán do XX aniversario de Down Lugo e dos III Premios Down Galicia un acontecemento único. A entrada a este evento será gratuíta previa solicitude de convite (982 24 09 21) Enderezo: Salón Regio do Círculo de las Artes (Praza Maior, 23, 27001 – Lugo). COMO CHEGAR Iluminación dos principais monumentos de Galicia A Torre de Hércules, a cidade da Cultura, o concello de Ferrol ou as Murallas de Lugo son algúns dos monumentos que o vindeiro 21 de marzo se iluminarán de azul para conmemorar o Día Mundial da síndrome de Down. Nacións Unidas aprobou en novembro de 2011 a declaración do 21 de marzo como Día Mundial da síndrome de Down. Establécese esta data, o 21 de marzo [21/03] como un símbolo, en referencia á triplicación [trisomía] do cromosoma 21 que se traduce na condición xenética da síndrome de Down.
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos.
The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.