Down Lugo e a Asociación Provincial de Empresarios de Confeitería, Pastelería, Bollería e Repostería da provincia lucense poñerán á venda 2600 Chocolatinas Solidarias o vindeiro luns 21 de marzo, Día Mundial da síndrome de Down. O stand estará situado na Praza Maior de Lugo e todo aquel que o desexe poderá adquirir a súa chocolatina por tan só 1€. Esta iniciativa ten por obxectivo recadar fondos para Down Lugo e as súas familias usuarias, xa que a Asociación Provincial de Empresarios de Confeitería, Pastelería, Bollería e Repostería de Lugo doará integramente á entidade a cantidade recadada tras a venda das mesmas. Onte presentaban a iniciativa María José Blanco Freire, presidenta de Down Lugo, e Honorio Gómez, o seu homólogo no colectivo de pasteleiros da provincia. Blanco Freire foi a encargada de comentar a que se destinarán os cartos desta venda solidaria, da que “se beneficiarán 60 familias, pois a recadación será empregada para mellorar o noso Servizo de Promoción da Autonomía Persoal”. A través desta iniciativa “buscamos a solidariedade de todos os que desexen axudar a Down Lugo a continuar ca súa labor social, para asegurar a continuidade do seu proxecto e contribuír ao futuro das persoas que representa. Desde aquí, animámosvos a todos e a todas a colaborar con esta campaña”, apuntou tamén a presidenta. Desde Down Lugo fan fincapé na necesidade de que toda a sociedade se implique na loita contra a invisibilidade á que sempre se quixo someter ás persoas con discapacidade, e contra os estereotipos e os prexuízos dos que son obxecto. A súa presidenta aproveitou a presentación desta mañá para agradecer a todas as persoas que fixeron posible este proxecto “desde Honorio Gómez e as pastelerías que colaboraron na elaboración, ata as familias, voluntarios e traballadores de Down Lugo polo apoio nas tarefas loxísticas”. Honorio Gómez, pola súa banda, destacou a importancia deste tipo de accións solidarias e explicou “desde o primeiro momento estivemos todos encantados de poder colaborar”. Engadiu tamén o presidente dos pasteleiro que “con esta pequena achega pódese facer moito”. Co fin de que as persoas con síndrome de Down desenvolvan todas as súas capacidades e a súa autonomía, Down Lugo encárgase de prestar apoio en atención temperá, logopedia, reforzo escolar, formación e procura activa de emprego, inserción laboral na empresa ordinaria, e en programas de vida independente e emancipación do fogar familiar. A totalidade das Chocolatinas Solidarias foron elaboradas por Pastelería Yomar, Confitería Mimos, Confitería Santos, Pastelería Martín, Confitería Mallorca, Pastelería Don León, Confitería Ramón y Confitería Madarro. Evento: Chocolatina Solidaria Down Lugo Lugar: Soportais Praza Maior (esquina coa Rúa da Raíña) Data: Luns, 21 de marzo de 2016 (Día Mundial da síndrome de Down) Horario: A partir das 11:00 horas
Dúas mil seiscentas Chocolatinas Solidarias poñeranse á venda o vindeiro luns na Praza Maior de Lugo
15 Marzo, 2016
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos.
The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.