O próximo 17 de xuño terá lugar en Madrid un acto de mobilización que o CERMI estatal organizou para reivindicar o dereito ó voto para as máis de 80.000 persoas que no noso país teñen negado este dereito fundamental. O motivo que lles impedirá votar nas próximas Eleccións Xerais do 26 de xuño é que todas elas contan cunha sentenza xudicial de incapacidade total, algo que sucede con certa frecuencia en familias que contan cunha persoa con discapacidade intelectual. Unha sentenza que lles afasta do dereito ó voto polo simple motivo de que a Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral (LOREG) non foi modificada, tal e como levamos anos solicitando as organizacións de discapacidade, de acordo ó que reflicte a Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade e a propia ONU. Sería tan sinxelo como eliminar da devandita lei o artigo 3.2, que obriga ó xuíz a valorar a capacidade da persoa ó sufraxio ante unha sentenza de incapacitación xurídica. Neste acto, que se celebrará ás 11.00h. na Praza da Cortes da capital española, emitiranse declaracións de persoas con discapacidade que non poden votar, e convocarase aos medios de comunicación e a representantes de partidos políticos. Queremos animar a todas as persoas concienciadas contra esta vulneración a que se sumen á mobilización e participen, exercendo simbólicamente o seu dereito ao voto ante unha urna e mesa electoral que haberá preparadas alí, como símbolo de apoio a esas 80.000 persoas que teñen negado o seu dereito ao sufraxio. España desatende á ONU A propia Convención de Nacións Unidas obriga a España a modificar a lei baixo a premisa de que ningunha persoa por razóns de discapacidade pode ser privada deste dereito fundamental. E é que en 2011 a ONU examinou a España para comprobar o nivel de adaptación de máis de 90 normativas do noso país á Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade. Foi entón cando Nacións Unidas advertiu ao Goberno de que non fixera os deberes en materia electoral ao non modificar a Lei. Recuperar o dereito ó voto Existen métodos para que as persoas con discapacidade recuperen o dereito a sufraxio que se lles arrebatou por sentenza xudicial de incapacitación. Para axudar a que o logren, Down Galicia recomenda o documento “Tes dereito a votar, que ninguén cho quite”; unha guía en Lectura Fácil editada polo CERMI que detalla os pasos para dar para recobralo e gozar así dun dereito fundamental que asiste a calquera ser humano. De todos os xeitos, Down Galicia e Down España lembran que a recomendación das organizacións ás familias é que non opten pola incapacitación xurídica, pois contravén o espírito da Convención. No caso de que sexa absolutamente necesario, o recomendable é que acudan primeiro a un fiscal especializado en discapacidade que corresponda á xurisdición da súa cidade ou provincia, para que poida analizar o caso, orientarlles e propoñer o procedemento máis axeitado. FOTO: Down Compostela
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos.
The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.