Cunha achega de 5.500€, a Fundación Once colabora co proxecto de “Emprego con Apoio” que Down Galicia, en colaboración coas súas entidades membro, leva a cabo na Comunidade Autónoma de Galicia. Desta forma, persoas coa síndrome de Down ou discapacidade intelectual contan cunha serie de apoios encamiñados a conseguir a súa inclusión no mercado laboral ordinario. Un total de 74 persoas coa síndrome de Down ou discapacidade intelectual beneficiáronse desta colaboración. 30 delas contaron con apoios para a procura activa de emprego, mentres que 44 persoas contaron con apoios en materia de mantemento do posto de traballo que ocupan en empresas ordinarias. Desde o ano 2002, as entidades Down en Galicia desenvolven o programa “Emprego con Apoio”, deseñado para atender especificamente as necesidades e barreiras que as persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual atopan á hora de tentar acceder ao mercado laboral ordinario. Este modelo baséase nun sistema estruturado de apoios e acompañamentos para guiar ás persoas demandantes de emprego a través de todo o proceso de inserción sociolaboral e asegurar a súa correcta incorporación ó posto de traballo. Deste xeito, as persoas que se incorporan a un posto, contan co apoio dun preparador ou preparadora laboral que se encarga de levar a cabo unha formación específica no propio posto de traballo, para que o traballador ou traballadora poida ir adquirindo progresivamente unha adecuada execución das tarefas. O apoio tamén se centra na potenciación da interacción social cos compañeiros e compañeiras de traballo e na mediación na relación con eles para que se desenvolva de maneira positiva e natural. Paralelamente, as entidades Down realizan un labor de prospección laboral co fin de dar a coñecer esta iniciativa entre o tecido empresarial e conseguir a súa colaboración por medio de contratos e/ou prácticas laborais. Neste sentido, a participación e a cada vez maior presenza das persoas con discapacidade intelectual nas empresas ordinarias contribúe de maneira eficaz a desterrar os tópicos que tradicionalmente se lles atribúen a este colectivo, resultando unha maneira sumamente eficaz de inclusión social.
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos.
The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.