O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), xunto ás súas entidades membro, celebrou este venres unha concentración cívica fronte ao Congreso dos Deputados para esixir o dereito ao voto de case 100.000 persoas con discapacidade intelectual, enfermidade mental ou deterioración cognitiva que non o teñen recoñecido na actualidade, e para reclamar que se dote de plena accesiblidade a todos os procesos electorais. “Estamos en plena campaña electoral, nun acto festivo, nun acto reivindicativo e que esperamos que tamén sexa un funeral, porque debería ser a última vez que nunhas eleccións hai 96.000 persoas que non votan. E iso ten que acabar, ten que morrer. Estamos aquí celebrando esa posible morte por conseguir cambiar a lei”, afirmou o presidente do CERMI, Luís Cayo Pérez Bo, durante a concentración, que contou coa participación de todo o tecido asociativo da discapacidade e de representantes do Terceiro Sector. O máximo representante do CERMI instou a que “ninguén se atreva a dicir se alguén pode ou non pode votar, se ten capacidade, se non a ten, se discirne ou non”. Na súa opinión, existe “unha anomalía democrática, un déficit moi grande no noso sistema democrático, que ataca á diversidade, á xente con discapacidade”, razón pola cal urxiu ó próximo goberno a modificar a Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG) para que “teñamos unha democracia decente”. Pola súa banda, o secretario xeral do CERMI, Alberto Durán, cualificou de “erro enorme” que a lexislación vixente impida o dereito ó sufraxio a 96.000 persoas con discapacidade. “VOTA PARA QUE VOTEMOS” A concentración tivo lugar na madrileña Praza das Cortes, de 11.30 a 13.30 horas, onde se dispuxeron varias mesas electorais con urnas simbólicas e papeletas co lema “Vota para que votemos”. O evento reunía con todos os requisitos necesarios para garantir a absoluta accesibilidade, incluíndo sistema de bucle magnético, intérpretes de lingua de signos e papeletas en lectura fácil e en Braille. O acto estivo conducido por José Manuel González Huesa, director xeral de Servimedia e director de Comunicación do CERMI. Así mesmo, unha batucada e unha actuación do “Psicoballet” de Maite León ocupáronse de amenizar e animar a marcha da concentración, que contou coa participación de múltiples persoas privadas do dereito ó voto por razón da súa discapacidade acompañadas nalgúns casos tamén de familiares e amigos.
Unhas 1.500 persoas esixen fronte ó Congreso o dereito ó voto para case 100.000 persoas con discapacidade que non o teñen recoñecido
17 Xuño, 2016
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos.
The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.