O presidente da Fundación San Rosendo, José Luis Gavela Varela, e a presidenta da Asociación Down Ourense, Mara Prieto Fortes, asinaron esta mañá un convenio de colaboración co fin de promover a integración sociolaboral das persoas coa síndrome de Down e con discapacidade intelectual. Este acordo amplíase ao Grupo Caldaria, pertencente á Fundación San Rosendo e a residencias da Fundación noutras provincias galegas (Lugo). Con este convenio facilítase a inserción laboral en contornas ordinarias das persoas que participan no Programa de Emprego con Apoio da Asociación Down Ourense. A través deste programa, as persoas coa síndrome de Down e con discapacidade intelectual asisten a unha formación en habilidades sociolaborais para, posteriormente, poder desempeñar un posto de traballo adaptado ao seu perfil, acompañadas nos seus primeiros momentos da figura do preparador laboral, quen estará a cargo da formación na empresa prestando un apoio in situ no posto de traballo. Coa firma deste convenio, estas entidades avalan o gran labor de Down Ourense e colaboran para que siga traballando a prol da inclusión laboral dos seus usuarios e usuarias. Jose Luis Gavela, presidente da Fundación San Rosendo recorda que “a experiencia de colaboración con Down Ourense foi moi positiva e enriquecedora para a Fundación” e celebra esta nova oportunidade de colaboración coa asociación ourensana. A asociación obtén deste xeito un novo apoio para o programa “Emprego con apoio” tralo convenio asinado hai pouco máis de dous meses coa Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense. A través deste tipo de acordos conséguese que as entidades corporativas se vaian abrindo cada vez máis ao mundo da discapacidade e poténciase a inclusión das persoas con diversidade funcional na sociedade. A Fundación San Rosendo, especialistas no servizo asistencial a maiores e persoas con discapacidade A Fundación San Rosendo leva máis de 20 anos prestando un servizo asistencial a colectivos desfavorecidos de Galicia. Conta con 70 centros repartidos por toda Galicia dos que 59 son residencias para atender a persoas maiores e 11 centros para atender exclusivamente a persoas con discapacidades físicas ou psíquicas. Na actualidade, conta con máis de 1.600 profesionais entre médicos, enfermeiros, psicólogos e educadores. O programa de emprego de Down Ourense O programa de emprego de Down Ourense pechou 20 contratos ó longo de 2015, asinados entre as 35 empresas visitadas durante o devandito exercicio. Deles, 12 son contratos temporais, 1 indefinido e 7 de prácticas laborais. A asociación destaca o crecemento e a aposta de “Emprego con apoio” por parte das empresas da provincia nos últimos anos. Durante o primeiro trimestre de 2016 pechouse un novo convenio de colaboración coa empresa ourensá de telefonía móbil Primux, cun contrato temporal dun ano de duración. Ademais, asináronse tres renovacións de contratos existentes, un indefinido coa empresa Rodríguez López Auto e dúas prórrogas na enerxética Repsol.
Down Ourense e a Fundación San Rosendo asinan un convenio de colaboración para favorecer a inserción sociolaboral de persoas coa síndrome de Down
21 Xuño, 2016
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos.
The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.