A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, subvenciona a contratación de dúas persoas desempregadas acollidas ó programa de Garantía Xuvenil na Federación Down Galicia. Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo FSE e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.
Esta achega, dun importe de 26.716,34€, empregarase para sufragar os custos salariais dos traballadores contratados e a súa cotización á Seguridade Social a xornada completa durante 7 meses.
Os dous novos traballadores da Federación desempeñarán as súas funcións nos centros de traballo que Down Galicia ten en Santiago de Compostela e Pontevedra. As súas funcións xirarán en torno á aplicación dunha nova aplicación de xestión integral de datos.
O obxectivo deste proxecto será implantar unha aplicación para ofrecer ás persoas implicadas nos procesos de inclusión familiar, educativa, laboral e social das persoas con discapacidade unha ferramenta que facilite e garanta unha atención de calidade na prestación do Servizo de Promoción de Autonomía Persoal que se ofrece ó longo de todo ou seu ciclo vital. Do mesmo xeito, pretende tamén facilitar a xestión administrativa da Federación e dos seus centros de traballo, a través dunha interface, que dea resposta ás necesidades do traballo que se leva a cabo, contando cunha aplicación que xere as consultas e informes precisos para cada actuación.