A sensibilización en centros educativos é unha das actuacións máis importantes nas áreas de educación das nosas entidades membro.
Por iso, o pasado mes de decembro, Down Coruña visitou o CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba onde, grazas ás exposicións de Alberto Bello e Laura Dacoba, o alumnado e o equipo docente do centro puideron comprender mellor a realidade das persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual.
As actividades levadas a cabo, dirixidas ós alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º, ós mestres titores, ós mestres especialistas, á orientadora e ás coidadoras, estiveron centradas no concepto da inclusión educativa.
Neste sentido, Down Galicia ten asinado un convenio coa Consellería de Educación para favorecer a atención educativa ó alumnado coa síndrome de Down ou con discapacidade intelectual.
Máis información:
https://downgalicia.org/wp-content/uploads/2016/10/Convenio_Educacion_asinado.pdf