O pasado venres, Down Coruña estreou na FNAC da Praza de Lugo a súa nova curtametraxe “Buenas Noticias”.
A cinta amosa á sociedade as capacidades das persoas coa síndrome de Down e convídanos a reflexionar sobre esta alteración e a información que se dá sobre ela mostrando noticias como a da primeira alcaldesa con síndrome de Down ou do disco de ouro para o grupo musical Síndrome de ti.
“Todas as curtas que facemos pretenden divulgar e sensibilizar sobre a realidade das persoas coa síndrome de Down en todos os ámbitos da súa vida”, explica José Rodríguez, xerente de Down Coruña, acerca dos traballos audiovisuais que a asociación produce desde fai seis anos.
No caso de “Buenas noticias” foi a necesaria a intervención de 30 persoas, a rodaxe en cinco localizacións e o traballo durante dous días completos. A súa realización non sería posible sen a colaboración do RCD A Coruña, CaixaBank, A Terraza de Sada e Fnac, que permitiron aos nosos protagonistas gravar nas súas instalacións e mostrar a súa faceta artística.
Para aqueles que non puidestes asistir á presentación do pasado venres deixámosvos o vídeo para que poidades gozar do gran traballo realizado por Down Coruña.