» Aberto o prazo de inscrición para o Encontro 2017 Down Galicia

A Federación Down Galicia abriu o pasado día 1 de setembro o prazo de inscrición para o “Encontro 2017 de Persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual, familias e profesionais”. Esta xornada ten o obxectivo de proporcionar un espazo de encontro, compartindo experiencias e coñecementos relacionados coa síndrome de Down e a discapacidade intelectual, así como para informar sobre os datos máis salientables do Movemento Down no ano 2016.

Conferencias, mesas de experiencias, espectáculos, xantar, xogos tradicionais… son algunhas das actividades que inclúe este evento, que acolle propostas para todas as idades. O prazo para formar parte do encontro remata o vindeiro venres 15 de setembro. Para inscribirse nel, cada participante (persoa usuaria, membros da familia ou profesional/voluntari@) deberá:

– Completar a folla de inscrición individual que se atopa na Guía do participante.

– Entregar dita folla xunto coa autorización de imaxe na entidade Down á que pertence.

Descarga aquí a Guía do participante, que inclúe o programa, folla de inscrición e todos os detalles.