Por primeira vez, as familias que teñan algún membro con discapacidade e sexan consideradas consumidores vulnerables poderán ter beneficios engadidos no seu consumo de enerxía eléctrica. O pasado mes de outubro, entrou en vigor o Real Decreto 897/2017, do 6 de outubro, que regula a figura do consumidor vulnerable, o bono social e outras medidas de protección para os consumidores domésticos de enerxía eléctrica.
Esta nova norma xorde respondendo a unha reclamación da sociedade que, desde hai anos, demanda a posta en marcha de medidas para contrarrestar a pobreza enerxética na que se atopan moitas familias.
Para que un consumidor de enerxía eléctrica poida ser considerado consumidor vulnerable e, por tanto, poida acollerse a este bono social deberá cumprir algún dos seguintes requisitos:
- Que a súa renda (no caso de vivir só) ou a renda conxunta da familia á que pertenza sexa igual ou inferior: a 1,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) de 14 pagas, no caso de que non forme parte dunha unidade familiar; a 2 veces o índice do IPREM de 14 pagas, no caso de que haxa un menor na unidade familiar; e 2,5 veces o índice do IPREM de 14 pagas, no caso de que haxa dous menores na unidade familiar.
- Estar en posesión do título de familia numerosa.
- Que o propio consumidor (no caso de que viva só) ou todos os membros da unidade familiar que teñan ingresos sexan pensionistas do Sistema da Seguridade Social, percibindo a contía mínima e non perciban outros ingresos.
Se, ademais de cumprir estes requisitos, o consumidor ou algún membro da familia ten unha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%, incrementarase o IPREM en 0,5 para cada un dos tres casos.
Podes consultar o Real Decreto 897/2017 na seguinte ligazón.
Se es consumidor vulnerable e queres solicitar o bono, podes consultar a Orde ETU/943/2017 na seguinte ligazón.