Alejandro, de Down Ourense, convértese na primeira persoa con discapacidade intelectual contratada por Domino’s Pizza en España

Aos seus 25 anos, Alejandro Nieto conta cunha bagaxe laboral impoñente, xa que desde que comezou a súa andaina laboral con 20 anos, traballou en varias empresas da zona de Ourense e desempeñou diferentes tarefas en diversos postos. Actualmente, compaxina un contrato temporal como repoñedor na empresa Feuvert con outro en Domino’s Pizza (Zena Alsea).…