Achégase unha nova edición de Solidarios Non Stop, o reto deportivo que BBVA Asset Management leva a cabo co obxectivo de apoiar economicamente a varias entidades non lucrativas de todo o país.
Durante a fin de semana do 15, 16 e 17 de xuño, os e as participantes nesta iniciativa percorrerán por relevos o Camiño Francés en bicicleta. Máis de 750 quilómetros en tres días de pedaleo para chegar desde Roncesvalles ata Santiago de Compostela.
O diñeiro recadado coas inscricións neste reto, que teñen un custo de 30€ por participante, irá destinado de maneira íntegra a apoiar o labor de ASDEGAL, Federación Síndrome de Down Castela e León, Down Galicia e Fundación Lukas.
Nesta ocasión, Down Galicia destinará esta achega ao seu proxecto de inclusión educativa do que, actualmente, benefícianse ao redor de 150 nenos e nenas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.
O prazo para formar parte da carreira remata o venres 1 de xuño. Para apuntarse só hai que enviar os datos persoais a amsolidarios.es@bbva.com e facer o ingreso de inscrición na conta ES80 0182 0633 6002 0163 0354, indicando no concepto “DNI + Nome do participante”.
Non podes facer o Camiño de Santiago, pero queres achegar o teu gran de area? Non pasa nada! Podes facer un ingreso na mesma conta indicando no concepto “ Pedalada Cero”.
Se queres máis información sobre esta nova edición de Solidarios Non Stop, pica nesta ligazón.
Solidarios Non Stop 2017
O pasado ano, máis de 140 empregad@s e amig@s de BBVA participaron na primeira edición de Solidarios Non Stop.
Para organizar esta iniciativa os empregados de BBVA contaron co apoio de BBVA Asset, unidade do Grupo BBVA que engloba as xestoras de fondos de investimento e pensións. O camiño dividiuse en 30 etapas e completouse por relevos. Os equipos participantes levaron como testemuña un bidón ciclista que se foi pasando ata completar o traxecto.
Coa recadación obtida púidose colaborar coa Fundación Lukas na compra de bicicletas adaptadas para persoas con discapacidade severa, con ASDEGAL na compra de tablets para apoiar no estudo a nenos e nenas en situación de desamparo social, coa Federación Down Castilla y León na organización do encontro vacacional de verán para os asociados e asociadas e con Down Galicia nun proxecto de atención temperá dirixido ao desenvolvemento de cativos entre 0 e 6 anos.