A Deputación da Coruña destinou o pasado ano 2017 unha achega de 2.363,20 euros ao proxecto de mellora e optimización dos recursos tecnolóxicos destinados á dinamización das actividades de Down Galicia e as súas entidades membro. En virtude desta achega, puideron actualizarse equipos informáticos, así como mellorar o equipamento da área de Comunicación da Federación.
Acometeuse a necesaria actualización dalgúns postos de traballo, para facilitar o proceso de procura, procesamento e adaptación da información que se utiliza nas diferentes áreas. Tamén se adquiriron varios dispositivos destinados a mellorar o proceso de aprendizaxe das persoas coa síndrome de Down, que avanza de xeito significativo co emprego de recursos audiovisuais ao incrementar a súa receptividade e interese.
Por último, adquiriuse material destinado á gravación e difusión das actividades e iniciativas que se desenvolven acotío nas entidades membro da Federación Down Galicia.