Xuntos e Fundación Vodafone España certifican a persoas coa síndrome de Down preparadas para dar o salto ao mercado laboral

Esta mañá tivo lugar no Pazo de Mugartegui (Pontevedra) ‘Estamos prep@rados’, un acto de recoñecemento no que Down Pontevedra Xuntos e Fundación Vodafone España entregaron diplomas aos 8 mozos e mozas coa síndrome de Down que superaron o programa ‘Yo me prep@ro’ de formación en Novas Tecnoloxías. Con este certificado, ambas as entidades acreditan que…