• VIndependente

  • AtTempera (1)

  • Envellecemento (1)

  • Emprego (1)

  • Educacion (1)

  • Xtumirada DownEspana_gal

IMPLANTACIÓN DE APLICACIÓNS DE XESTIÓN DE DATOS EN DOWN GALICIA

Nome do proxecto: Implantación de aplicacións de xestión de datos en Down Galicia

Contía da achega: 26.716,34 €
Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Eixe prioritario 5, Prioridade de investimento 8.2, Obxectivo específico 8.2.4, Medida 8.2.4.2.

Breve descrición do proxecto: Con este proxecto, a Federación dispoñerá dunha ferramenta de xestión integral dos datos da súa actividade que axilice e simplifique o tratamento e a xestión dos mesmos, permitindo utilizalos cos mellores resultados, tanto dende o punto de vista do servizo ás persoas usuarias, coma dende o propio funcionamento diario da entidade.
Así pois, aproveitando as novas tecnoloxías e ferramentas informáticas de última xeración, buscaremos incorporar as aplicacións ó funcionamento da organización, cunha interface o máis intuitiva posible para que o persoal profesional, directivo, asociado, voluntario e colaborador poida, a través delas, realizar as tarefas laborais máis habituais dunha forma sinxela, rápida e eficaz.

Obxectivo xeral do proxecto: Implantar unhas aplicacións de xestión de datos para ofrecer ós implicados e implicadas nos procesos de inclusión das persoas con discapacidade unha ferramenta que facilite e garanta unha atención de calidade na prestación do Servizo de Promoción de Autonomía Persoal que se ofrece ó longo de todo ou seu ciclo vital, así como xestionar o crédito de formación das persoas profesionais. Do mesmo xeito, pretende tamén facilitar a xestión administrativa da Federación e dos seus centros de traballo, a través dunha interface, que dea resposta ás necesidades do traballo que se leva a cabo, contando cunha aplicación que xere as consultas e informes precisos para cada actuación.