Atención temprana :: Down Galicia
INCLUSIÓN EDUCATIVA || FORMACIÓN E EMPREGO
VIDA ADULTA E INDEPENDENTE || COMPLEMENTARIA E TRANSVERSAL

 

ÁREAS :: ATENCIÓN TEMPERÁ

O programa de Atención Temperá favorece o desenvolvemento motor, cognitivo, social e da linguaxe nos bebés coa síndrome de Down e discapacidade intelectual nos seus primeiros anos de vida, ao tempo que apoia e orienta aos pais e nais para fomentar a súa autonomía na contorna familiar.

Para garantir o éxito deste programa traballamos para acadar unha verdadeira implicación da familia, principal apoio e medio de estimulación do neno ou nena, ademais do seu principal vínculo co mundo que os rodea. Todas as entidades Down de Galicia traballamos da man de expertos profesionais para asegurar a excelencia na atención aos máis pequenos e ás máis pequenas e o seu adecuado desenvolvemento psicomotor, cognitivo, lingüístico e socio-afectivo.

 

Programas:

  • Acollida
  • Atención temperá
  • Coordinación coa contorna

 

Consulta o díptico sobre o servizo de atención temperá de Down Galicia.