Aproba o 70% das persoas de Down Galicia que se presentaron ao exame das oposicións da Administración central

Un total de 12 persoas das entidades Down en Galicia aprobou o exame das oposicións convocadas pola Administración central do Estado para persoas con discapacidade intelectual. Esta proba, que se celebrara o pasado 9 de maio na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid, correspondía á primeira fase do proceso selectivo para…

O composto nutritivo que mellora a capacidade cognitiva das persoas coa Síndrome de Down chegará ás farmacias no mes de xuño co nome FontUP

As máis de 400 persoas que se deron cita no II Encontro de Familias organizado por Down Galicia puideron coñecer de primeira man a próxima comercialización dun complemento alimenticio que contén epigalocatequina galato (EGCG), unha sustancia natural presente no té verde que mellora a capacidade cognitiva das persoas coa Síndrome de Down. Baixo o nome…

As orientadoras laborais de Down Galicia asisten á xornada informativa do Servizo público de emprego

Neste encontro, que se celebra anualmente, o persoal dos centros colaboradores do servizo público de emprego de Galicia coñece as novidades postas en marcha pola Consellaría de Traballo, así como cuestións técnicas e loxísticas que lles poidan afectar no desenvolvemento da súa actividade profesional. A xornada, que tivo lugar no Pazo de Congresos e Exposicións…

Encontro de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual, familias e técnicos de entidades Down en Galicia

O sábado 30 de maio, no C.I.F.P. Politécnico de Santiago, celebraremos o encontro de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual, familias e técnicos de entidades Down en Galicia. O obxectivo principal é o de facilitar un espazo informal no que as persoas con discapacidade e as súas familias poidan intercambiar experiencias, coñecerse mellor e…

17 persoas concorren ás probas para a bolsa de emprego convocadas pola Deputación de Pontevedra

Un total de 17 persoas das entidades Down en Pontevedra e Vigo presentaranse mañá, martes 12 de maio, á proba para bolsa de emprego da Deputación de Pontevedra para contratacións temporais. Trátase dunha convocatoria que contempla entre os postos ofertados, a categoría de Ordenanza reservado para persoas con discapacidade intelectual, grupo E, sendo a primeira…

17 persoas de entidades Down en Galicia concorren ás oposicións para persoas con discapacidade intelectual convocadas pola Administración central

Un total de 17 persoas das entidades Down en Galicia presentaranse mañá, sábado 9 de maio, ao exame das oposicións convocadas pola Administración central do Estado para persoas con discapacidade intelectual. Esta proba, que se celebrará na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid, corresponde á primeira fase do proceso selectivo para…