Down Galicia demanda que se contemple a discapacidade intelectual nas convocatorias de emprego público

O presidente de Down Galicia, Delmiro Prieto, máis o presidente de Down Compostela, Juan Martínez, trasladáronlle esta mañá ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e á secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, unha das reivindicacións históricas das persoas con discapacidade intelectual sobre o acceso ás convocatorias públicas. Os representantes das entidades Down solicitaron que…

Down Galicia demanda a erradicación da educación especial ante o Parlamento galego

A erradicación da educación especial e a regulación dun período de transición entre o actual modelo integrador e un totalmente inclusivo, foi a primeira demanda de Down Galicia en materia de educación perante a Comisión non Permanente para o seguimento das políticas relativas á discapacidade. O presidente da Federación, Delmiro Prieto, defendeu a necesidade de…

Down Ourense inaugura as súas novas instalacións demandando maior inclusión social e igualdade de oportunidades

“Chámome David e teño un soño, conseguir un emprego digno e ser un máis”, así comezaba a súa intervención David Nóvoa, un mozo con discapacidade intelectual, que no nome de todos os seus compañeiros e compañeiras interviña no acto de inauguración das novas instalacións da Asociación Down Ourense. David puxo de manifesto a necesidade de…

Traballo e Benestar financia o mantemento da Federación e os seus programas de autonomía persoal

A Consellería de Traballo e Benestar concedeu unha axuda económica a Down Galicia para contribuír ao seu mantemento e á realización das actividades do servizo para a promoción da autonomía persoal a desenvolver ao longo do exercicio 2014. Esta colaboración foi formalizada mediante a sinatura dun convenio entre o departamento autonómico e a Federación a…

Concurso de Postais de Nadal de Down Lugo

A Asociación Down Lugo convoca o seu XIII Concurso Autonómico de Postais do Nadal, dirixo a persoas coa síndrome de Down. O obxectivo desta convocatoria é o de fomentar a participación das persoas coa síndrome de Down en actividades culturais e espertar o seu interese polo mundo da pintura. Para participar non se establece límite…