O Servizo de Orientación Laboral supera o millar de accións durante o pasado exercicio

Contabilizáronse 1.125 accións de orientación para un total de 325 persoas con discapacidade intelectual en busca activa de emprego. As accións desenvolvéronse no período que abarca desde febreiro de 2013 a xaneiro de 2014, incrementando nun 12,8% o número de persoas atendidas con respecto ao período anterior. As accións de orientación realizadas van encamiñadas a…

Down Galicia considera a LOMCE unha carreira de obstáculos que condena ao fracaso ás persoas con máis dificultades

Trátase dunha lei segregadora que establece itinerarios excluíntes e que selecciona e clasifica ao alumnado, perdendo a Educación o seu carácter compensador. Provoca, ademais, un retroceso irreversible nos pasos e avances acadados en materia de integración escolar. A introdución das reválidas (5 probas externas: en 3º e 4º da ESO e ao acabar o Bacharelato)…

III Edición dos Premios Down Compostela

A profesora do colexio Pío XII de Santiago, María García Quintas, a empresa biomédica Keramat e a Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras, foron os galardoados nesta edición. Na gala de entrega organizada pola Fundación Down Compostela no Hostal dos Reis Católicos, os mozos e mozas con trisomía 21 tiveron un papel protagonista. Carlota…

O Terceiro Sector de Acción Social galego reúnese coa Conselleira de Traballo e Benestar

Representantes da Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galicia) mantiveron un encontro coa Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, para analizar a situación de temas como a Lei de Inclusión, a xestión dos Fondos Estruturais 2014 – 2020, e a inclusión de cláusulas sociais na contratación pública de servizos sociais. Sobre este último asunto, EAPN-Galicia…

Premio “Traballo Digno” para Down Galicia

A Fundación Luis Tilve outorgou a Down Galicia o Premio “Traballo Digno” 2013 por constituír, a través do programa Emprego con Apio, unha referencia do que debe ser un traballo digno para todos, axudando a unha mellor inclusión social do colectivo de persoas que representa. Na mesma edición tamén resultaron galardoados a Asociación Equus Zebra,…