A Deputación da Coruña contribúe á mellora dos recursos tecnolóxicos de Down Galicia

A Deputación da Coruña destinou, no ano 2013, unha achega de 3.497,58 euros ao Proxecto de mellora e optimización dos recursos tecnolóxicos destinados á dinamización das actividades de Down Galicia e as súas entidades membros. En virtude desta achega, puideron actualizarse equipamentos informáticos, adquirir dispositivos audiovisuais adaptados ás novas metodoloxías educativas, así como sistemas de…

Cinco mozos e mozas coa síndrome de Down traballarán nun hotel de A Coruña o vindeiro verán

A iniciativa, que parte dun convenio asinado entre Down Coruña e o hotel Hesperia Finisterre, situado no paseo de O Parrote, tin como obxectivo “favorecer a inclusión social e laboral deste colectivo”. Grazas a este proxecto, denominado “Down Hotel by Finisterre”, os cinco mozos e mozas comezaron co seu período de formación, que lles ocupará…

Down Galicia recibe o 3º Premio Solidario Cenor

Dotado con 1.500 euros, este galardón irá destinado ao proxecto “Emprego con Apoio” para persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual. Trátase da I Convocatoria dos Premios Solidarios Cenor electrodomésticos, que este grupo corporativo outorga co propósito de impulsar e agradecer iniciativas de carácter social. Desta forma, Down Galicia segue sumando recoñecementos ao seu…

Elías Ledo representa a Down Galicia na lectura do manifesto en defensa dos dereitos das persoas con discapacidade

No marco do Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade o CERMI Galicia leu un Manifesto no que se recollen as demandas das organizacións de persoas con discapacidade. Baixo o lema “SOS Discapacidade. Dereitos, Inclusión e Benestar a salvo”, ao acto asistiron persoas con discapacidade xunto coas súas familias, voluntarios e profesionais, en protesta…