As ONG galegas piden medidas efectivas para loitar contra a desigualdade e a exclusión social

A Rede Galega contra a Pobreza, EAPN-Galicia, aprobou, en asemblea xeral extraordinaria, un ambicioso plan de actuación no que se aposta firmemente pola defensa dos dereitos sociais, a participación, a inclusión e o empoderamento das persoas. As 125 entidades que forman parte de EAPN-Galicia consideran que son necesarios máis esforzos para lograr reducir as cifras…

Down Compostela pide ao Colexio de Avogados o seu apoio para conseguir dereitos efectivos para as persoas con discapacidade

A Fundación Down Compostela  pediu o apoio do colectivo de xuristas para conseguir “que a igualdade de dereitos teóricos das persoas coa Síndrome de Down se leve á práctica e a discapacidade non sexa motivo de discriminación legal”. A reivindicación de “dereitos efectivos para todos, non só no papel” fíxoa o presidente de Down Compostela,…

Convenio para atender con garantías o envellecemento das persoas coa síndrome de Down

A necesidade de abordar programas de envellecemento activo e saudable que contemplen as especificidades das persoas con discapacidade intelectual é o obxectivo fundamental do convenio de colaboración asinado esta mañá polo presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, José Carlos Millán, e polo presidente da Federación Down Galicia, Delmiro Prieto. A través deste acordo…

A Deputación da Coruña contribúe á mellora dos recursos tecnolóxicos de Down Galicia

A Deputación da Coruña destinou, no ano 2013, unha achega de 3.497,58 euros ao Proxecto de mellora e optimización dos recursos tecnolóxicos destinados á dinamización das actividades de Down Galicia e as súas entidades membros. En virtude desta achega, puideron actualizarse equipamentos informáticos, adquirir dispositivos audiovisuais adaptados ás novas metodoloxías educativas, así como sistemas de…