A xerente do CHUS e Down Compostela abordan vías de colaboración conxunta

A responsable da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago, Eloína Núñez, e o presidente da Fundación Down Compostela, Juan Martínez, abordaron esta tarde vías de colaboración conxunta na primeira visita que a xerente do CHUS realizou ás instalacións da Fundación. Acompañada pola subdirectora de Calidade e Atención ao Paciente, Beatriz Pais, Eloína Núñez coñeceu as…

O CERMI advirte de que o movemento da discapacidade será máis belixerante a partir do 4 de decembro ante a falta de accesibilidade universal

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) advertiu de que o movemento da discapacidade será máis reivindicativo e belixerante contra as violacións de dereitos por falta de condicións de accesibilidade universal a partir do 4 de decembro, data na que conclúe o prazo legal para que todos os servizos e contornas de…

Down Galicia e Política Social asinan un convenio para o estudo do envellecemento nas persoas coa síndrome de Down

Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia, e José Manuel Rey Varela, Conselleiro de Política Social, asinaron esta mañá no Edificio Administrativo de San Caetano un convenio de colaboración que busca a mellora na calidade de vida das persoas coa síndrome de Down durante a etapa do envellecemento. Este convenio, que achegará á Federación oitenta e…

Mozos e mozas de Xuntos conseguen dous premios no concurso de curtas D-medo do Concello de Barro

Un asasinato e un malvado pallaso son os eixos centrais de “Amizades perigosas” e “Cóxegas malditas”, dúas curtametraxes realizadas por mozos e mozas de Down Pontevedra “Xuntos” coas que conseguiron o 3º e o 5º premio, respectivamente, no certame D-medo organizado polo Concello de Barro. Artellados nun pequeno grupo, os membros de Xuntos idearon dous…

Gran ambiente no VI Campionato de Baristas Down de Galicia no que participaron mozos e mozas de Down Compostela e Down Vigo

O restaurante Porta Faxeira (rúa do Franco, 50) acolleu antonte, domingo 12 de novembro, a celebración do VI Campionato de Baristas Down de Galicia que organizaron Cafento, Fundación Down Compostela, Asociación Down Vigo e Pousadas de Compostela. O establecemento compostelán encheuse para observar as calidades como baristas de doce mozos e mozas de Down Compostela…