Down Pontevedra Xuntos acomete obras de mellora no seu local

Grazas a unha achega da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Fundación ONCE e Fondos FEDER, a Asociación Down Pontevedra “Xuntos” realizou obras en partes do local no que desenvolven habitualmente actividades de carácter cultural. As obras realizadas responden a necesidades de adecuación das instalacións á normativa vixente en materia de seguridade e…

Mozos e mozas de Down Vigo presentan os resultados dos programas financiados pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

Nun encontro co director xeral deste departamento autonómico, Ovidio Rodeiro, explicaron as actividades realizadas ao abeiro dos programas ‘Iniciativa Xove’ e ‘Voluntariado Xuvenil’, e que tiveron como eixos centrais o apoio á vida independente de persoas coa síndrome de Down e a autoxestión e mellora da súa autonomía persoal. O proxecto de voluntariado tivo como…

Novo local para a Asociación Down Coruña

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, o alcalde da cidade, Carlos Negreira e o presidente da Asociación Down Coruña, Manuel Álvarez, asinan un convenio para o financiamento das obras de adecuación do novo local en Pedralonga que o Concello cede á entidade, mediante una concesión gratuíta, por un prazo de 75 anos. O…

“No meu traballo son un máis” Miguel Taibo explica a súa experiencia laboral na presentación de Juntos Somos Capaces

Trátase dun programa da Fundación Mapfre para promover a inclusión laboral de persoas con discapacidade intelectual e enfermidade mental, e que conta coa colaboración activa de entidades sociais especializadas neste ámbito de actuación, como a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES Galicia), Federación de Asociacións en Favor das…

A Consellería de Traballo e Benestar subvenciona o proxecto “O meu mundo en fotos” de Down Galicia

Grazas a esta axuda, enmarcada dentro do programa “Iniciativa Xove”, a Down Galicia realiza un obradoiro de fotografía no que participan 35 persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual de Galicia. O seu principal obxectivo é favorecer a participación de mozos/as coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual en actividades sociais, culturais e de…

Down España recibe o premio CERMI pola súa labor de sensibilización social cara ás persoas coa síndrome de down

O xurado dos Premios cermi.es 2013, que concede o Comité Español de Representantes de las Personas con Discapacidad (CERMI), concedeu a DOWN ESPAÑA o premio CERMI no apartado de Medios de Comunicación e Imagen Social de la Discapacidad por “la iniciativa del Día Mundial del Síndrome de Down, que ha permitido que la sociedad tome…