Down Ourense participa no XV Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de formación para o traballo

Down Ourense participará nos próximos días no XV Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de formación para o traballo. Estas xornadas xirarán en torno á formación, á orientación e ó emprego, factores considerados determinantes na vulnerabilidade social. Silvia Álvarez Fernández, responsable da área de emprego de Down Ourense, intervirá o vindeiro venres 27…

Down Pontevedra – Xuntos asina un convenio de colaboración coa SD Teucro para promover a inclusión social

A Asociación Down Pontevedra – Xuntos e a Sociedade Deportiva Teucro asinaron estes días un convenio de colaboración co obxectivo de promover a inclusión social das persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual. Deste xeito, persoas usuarias da área de vida adulta da asociación pontevedresa participarán en labores organizativas e de apoio dentro da…

Os baristas de Down Compostela demostran as súas habilidades ante a prensa

Nove mozos de Down Compostela, divididos en dous equipos, demostraron esta mañá as súas habilidades como baristas ante os medios de comunicación. Neste encontro coa prensa, os participantes realizaron un “simulacro” da competición que realizarán o vindeiro domingo no Pazo de Lestrove, onde se celebrará o II Campionato de Baristas dirixido a persoas coa síndrome…

Aberto o prazo para solicitar bolsas para alumnado con necesidades educativas especiais

O Ministerio de Educación outorga axudas para garantir que ningún estudante con discapacidade que precise apoios específicos abandone os seus estudos por motivos económicos. O alumnado que presente necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade, ou trastorno de conduta grave, poderá obter as axudas ou subsidios cando reúna os seguintes requisitos: 1. Acreditar a súa necesidade…

Entrega de diplomas da I Edición de Down Food

Tras seis meses de prácticas profesionais da man do chef Luis Veira, os mozos e mozas de Down Coruña acaban de recibir os seus diplomas acreditativos. A participación neste proxecto supuxo para estas persoas con discapacidade intelectual a oportunidade de recibir capacitación en técnicas de cociña no restaurante Árbore da Vieira. No acto de clausura…

A Xunta colabora con Down Galicia a favor da integración social e independencia das persoas coa síndrome de Down

A secretaria xeral de  Igualdade, Susana López Abella, mantivo unha xuntanza co presidente da Federación Galega de Institucións para a síndrome de Down- Down Galicia, Delmiro Prieto, con motivo de revisar as actividades realizadas por dita organización en colaboración con Igualdade, a favor da integración social e independencia das persoas coa síndrome de Down. López…