O Entroido de Down Lugo céntrase no emprego

A Asociación Down Lugo vén de celebrar a súa festa de Entroido a través da temática do emprego e a contorna laboral. Deste xeito, as persoas participantes debían escoller disfraces relativos a algún tipo de profesión que lles gustaría desenvolver como futuro laboral. Previamente ao comezo da festa adecuouse e decorouse o local para que…

O Concello de Agolada colabora na inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual

Un membro da Asociación Down Lugo realiza prácticas prelaborais no Concello de Agolada grazas a un convenio entre a entidade lucense e as Fundacións Konecta e Mapfre para promover proxectos de inserción laboral para persoas con capacidades diferentes. Trátase do programa “Xuntos somos capaces”, grazas ao cal unha persoa coa síndrome de Down realiza as…

Acto de clausura de BBVA cos membros de Down Ourense que participaron no programa de prácticas formativas

Trátase dunha iniciativa pioneira en España co obxecto de promover a inclusión socio-laboral das persoas con capacidades diferentes. A través destas prácticas formativas, seis mozos de Down Ourense adquiriron unha experiencia laboral que lles axudará no proceso da busca de emprego, ademais de mellorar as súas habilidades sociais para a súa integración en diferentes equipos…

La Caixa e Down Galicia asinan un convenio de colaboración para favorecer a inclusión laboral de persoas con diversidade funcional

A Fundación La Caixa, a través da súa Área de Integración Social, aporta 24.000€ ao “Proxecto de Emprego con Apoio” que pon en marcha Down Galicia en todo o ámbito do territorio galego. Esta colaboración enmárcase na convocatoria de axudas da Fundación La Caixa para a realización de proxectos dirixidos a mellorar a empregabilidade e…