Down Coruña participa no proxecto Down Food

Trátase dun proxecto de formación integrador no que participan persoas con e sen discapacidade. Os obxectivos fundamentais desta iniciativa pasan por capacitar aos participantes para a súa inclusión no mercado laboral, dotar de novos recursos e habilidades persoais apoiando os programas de emancipación e vida independente da Asociación Down Coruña, e concienciar á opinión pública…

Xornada de portas abertas en Down Vigo

Dar a coñecer as actividades que se realizan habitualmente na Asociación dun xeito directo e persoal, foi o obxectivo desta xornada celebrada con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down. Deste modo, púxose de manifesto como funcionan os programas enfocados a contribuír á mellora da calidade e condicións de vida das persoas coa síndrome…

Delmiro Prieto: “Se camiñamos cara a educación especial en lugar de erradicala, estaremos contribuíndo ao estrangulamento da nosa sociedade”

Con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down, o presidente de Down Galicia, Delmiro Prieto defendeu a educación inclusiva como un dos piares na construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria. “Este ano quixemos dedicar este día a unha área sumamente importante na vida de calquera persoa, como é a educación. Área historicamente minguada…

Adrián Maside álzase co Nacional de tenis de mesa

Membro de Down Lugo e xogador do clube Dez Portas, Adrián Maside Fernández proclamouse campión nacional júnior de tenis de mesa para persoas con discapacidade intelectual. Conseguiu esta clasificación en categoría de dobres mentres que en individuais se proclamou subcampión. O deportista, de 17 anos de idade, abordou distintas modalidades deportivas antes de decantarse definitivamente…

Down Coruña forma parte do pacto local polo emprego

No Pacto Local polo Emprego da cidade herculina aprobouse a integración de cinco novas entidades, entre as que se atopa a Asociación Down Coruña. As outras catro novas entidades integrantes son a Fundación Juan Soñador, Fundación Ronsel, Federación de asociacións de familiares e enfermos mentais (Feafes) e Unión de Cooperativas de Traballo Asociado (Ugacota). Na…