Down España recibe o premio CERMI pola súa labor de sensibilización social cara ás persoas coa síndrome de down

O xurado dos Premios cermi.es 2013, que concede o Comité Español de Representantes de las Personas con Discapacidad (CERMI), concedeu a DOWN ESPAÑA o premio CERMI no apartado de Medios de Comunicación e Imagen Social de la Discapacidad por “la iniciativa del Día Mundial del Síndrome de Down, que ha permitido que la sociedad tome…

Membros de Xuntos participan no programa de cultura urbana Hefesto 2013

Hefesto 2013 é un programa da Concellería de Benestar Social do Concello de Pontevedra que une cultura urbana e discapacidade. A través deste proxecto, 60 persoas con discapacidade participarán en actividades propias da cultura urbana que, habitualmente, non forman parte do seu ocio. Poderán gozar así da cultura moteira, o breakdance ou a gravación de…

Os baristas de Down Compostela demostran as súas habilidades ante a prensa

Nove mozos de Down Compostela, divididos en dous equipos, demostraron esta mañá as súas habilidades como baristas ante os medios de comunicación. Neste encontro coa prensa, os participantes realizaron un “simulacro” da competición que realizarán o vindeiro domingo no Pazo de Lestrove, onde se celebrará o II Campionato de Baristas dirixido a persoas coa síndrome…

Aberto o prazo para solicitar bolsas para alumnado con necesidades educativas especiais

O Ministerio de Educación outorga axudas para garantir que ningún estudante con discapacidade que precise apoios específicos abandone os seus estudos por motivos económicos. O alumnado que presente necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade, ou trastorno de conduta grave, poderá obter as axudas ou subsidios cando reúna os seguintes requisitos: 1. Acreditar a súa necesidade…

Entrega de diplomas da I Edición de Down Food

Tras seis meses de prácticas profesionais da man do chef Luis Veira, os mozos e mozas de Down Coruña acaban de recibir os seus diplomas acreditativos. A participación neste proxecto supuxo para estas persoas con discapacidade intelectual a oportunidade de recibir capacitación en técnicas de cociña no restaurante Árbore da Vieira. No acto de clausura…

A Xunta colabora con Down Galicia a favor da integración social e independencia das persoas coa síndrome de Down

A secretaria xeral de  Igualdade, Susana López Abella, mantivo unha xuntanza co presidente da Federación Galega de Institucións para a síndrome de Down- Down Galicia, Delmiro Prieto, con motivo de revisar as actividades realizadas por dita organización en colaboración con Igualdade, a favor da integración social e independencia das persoas coa síndrome de Down. López…