A Consellería de Política Social colabora na inserción laboral de persoas coa síndrome de Down

A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, afianza o seu compromiso coa inserción laboral de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual na nosa comunidade autónoma cunha achega de 1.656,13€ ó proxecto “Voluntariado e adestramento en habilidades complementarias ó posto de traballo…

Fotografías de persoas usuarias de Down Lugo protagonizan unha mostra na Capela de Santa María

O pasado martes 3 de outubro inaugurábase en Lugo a mostra fotográfica “Enfocando Historias”. A capela do Fogar de Santa María acollerá ata o 29 de outubro esta exposición gratuíta, que recolle 36 fotografías realizadas por 17 persoas usuarias de Down Lugo dirixidas pola fotógrafa Aleksandra Dmitrieva, voluntaria desde hai dous anos na Asociación e…

Down Galicia, Fademga e a Consellería de Sanidade premiadas nos III Premios Redacción Médica á Sanidade de Galicia

A colaboración entre Down Galicia, Fademga Plena Inclusión Galicia e a Consellería de Sanidade recibiu este xoves un dos galardóns na categoría de “Acción en Responsabilidade Social Sociosanitaria” dos III Premios Redacción Médica á Sanidade de Galicia. Estes galardóns teñen como obxectivo recoñecer as iniciativas de interese, as boas prácticas e as traxectorias destacadas do…

O 92% dos mozos e mozas das entidades Down en Galicia superan as probas para a obtención do Celga 2

Un total de 11 persoas pertencentes ás entidades Down en Galicia da provincia de Pontevedra superaron as probas para a obtención do certificado Celga 2, o que supón un 91,7% de aprobados en relación ó total de presentados (12). Esta proba, celebrada o pasado 11 de xuño na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de…

O CERMI reclama unha atención temperá universal, gratuíta e inclusiva para menores con discapacidade

O Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad (CERMI) reclamou que se garanta a atención temperá á infancia con discapacidade ou en risco de adquirila, mediante un modelo universal, gratuíto e inclusivo, posto que os servizos actuais non chegan a unha parte importante dos menores que deberían recibila. Así o puxo de relevo o…

Xuntos e Fundación Vodafone presentan un ambicioso proxecto para a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down

O pasado xoves, Down Pontevedra Xuntos e Fundación Vodafone España presentaron no Pazo de Mugartegui ‘Enreda2’, unha iniciativa cuxo obxectivo é poñer en contacto a empresarios e empresarias da zona e a mozos e mozas coa síndrome de Down co obxectivo de que dialoguen e intercambien opinións sobre os beneficios que ten a inserción laboral…

Fundación Iberdrola España impulsa a inclusión socio-laboral de mozos e mozas de entidades Down en Galicia

Fundación Iberdrola España, a través da súa Convocatoria 2016 de Axudas Sociais, aporta 40.000€ ao proxecto “Talento profesional: Emprego con apoio para persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual” que Down Galicia desenvolve nos seus 7 centros de traballo nas principais cidades galegas (Santiago, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo), estendendo así…