Down Galicia constata unha diminución do 12,17% na empregabilidade dos seus membros no pasado ano

No pasado exercicio 2012, as entidades que compoñen o Movemento Down Galicia conseguiron que 105 persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual contaran polo menos cun contrato de traballo ou cunha práctica laboral. Este dato supón unha diminución do 12,17% con respecto ao ano 2011. Pese ao mencionado descenso, estes datos resultan particularmente salientables…

A Fundación Inocente, Inocente apoia a inclusión escolar do alumnado coa síndrome de Down en Galicia

A Fundación Inocente, Inocente achega 30.000 euros ao Proxecto de apoio a inclusión escolar de alumnos coa síndrome de Down e discapacidade intelectual que Down Galicia desenvolve a través das súas entidades membro. Esta achega económica da Fundación Inocente, Inocente vai encamiñada a acadar o maior grado de desenvolvemento e autonomía nos nenos e nenas…

Down Coruña participa no proxecto Down Food

Trátase dun proxecto de formación integrador no que participan persoas con e sen discapacidade. Os obxectivos fundamentais desta iniciativa pasan por capacitar aos participantes para a súa inclusión no mercado laboral, dotar de novos recursos e habilidades persoais apoiando os programas de emancipación e vida independente da Asociación Down Coruña, e concienciar á opinión pública…

Xornada de portas abertas en Down Vigo

Dar a coñecer as actividades que se realizan habitualmente na Asociación dun xeito directo e persoal, foi o obxectivo desta xornada celebrada con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down. Deste modo, púxose de manifesto como funcionan os programas enfocados a contribuír á mellora da calidade e condicións de vida das persoas coa síndrome…

Delmiro Prieto: “Se camiñamos cara a educación especial en lugar de erradicala, estaremos contribuíndo ao estrangulamento da nosa sociedade”

Con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down, o presidente de Down Galicia, Delmiro Prieto defendeu a educación inclusiva como un dos piares na construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria. “Este ano quixemos dedicar este día a unha área sumamente importante na vida de calquera persoa, como é a educación. Área historicamente minguada…

Adrián Maside álzase co Nacional de tenis de mesa

Membro de Down Lugo e xogador do clube Dez Portas, Adrián Maside Fernández proclamouse campión nacional júnior de tenis de mesa para persoas con discapacidade intelectual. Conseguiu esta clasificación en categoría de dobres mentres que en individuais se proclamou subcampión. O deportista, de 17 anos de idade, abordou distintas modalidades deportivas antes de decantarse definitivamente…