Down Galicia e Política Social asinan un convenio para o estudo do envellecemento nas persoas coa síndrome de Down

Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia, e José Manuel Rey Varela, Conselleiro de Política Social, asinaron esta mañá no Edificio Administrativo de San Caetano un convenio de colaboración que busca a mellora na calidade de vida das persoas coa síndrome de Down durante a etapa do envellecemento. Este convenio, que achegará á Federación oitenta e…

Mozos e mozas de Xuntos conseguen dous premios no concurso de curtas D-medo do Concello de Barro

Un asasinato e un malvado pallaso son os eixos centrais de “Amizades perigosas” e “Cóxegas malditas”, dúas curtametraxes realizadas por mozos e mozas de Down Pontevedra “Xuntos” coas que conseguiron o 3º e o 5º premio, respectivamente, no certame D-medo organizado polo Concello de Barro. Artellados nun pequeno grupo, os membros de Xuntos idearon dous…

Gran ambiente no VI Campionato de Baristas Down de Galicia no que participaron mozos e mozas de Down Compostela e Down Vigo

O restaurante Porta Faxeira (rúa do Franco, 50) acolleu antonte, domingo 12 de novembro, a celebración do VI Campionato de Baristas Down de Galicia que organizaron Cafento, Fundación Down Compostela, Asociación Down Vigo e Pousadas de Compostela. O establecemento compostelán encheuse para observar as calidades como baristas de doce mozos e mozas de Down Compostela…