Down Coruña celebra o vindeiro sábado o Día Internacional da Discapacidade

Down Coruña participará o vindeiro sábado 3 de decembro, con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, nun acto que terá por obxectivo sensibilizar á sociedade coruñesa mostrando os desexos e reivindicacións das persoas con diversidade funcional. Será unha xornada na que as persoas con capacidades diferentes amosarán as súas inquietudes e demandas a…

A Consellería de Política Social financia o mantemento de Down Galicia e os seus programas de autonomía persoal

A Xunta de Galicia contribúe ó financiamento do mantemento e das actividades do servizo para a promoción da autonomía persoal que Down Galicia desenvolve durante este ano 2016. Mediante un convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación, promóvense os programas orientados especificamente a favorecer a autonomía e a integración socio laboral…

Vota o noso proxecto e apoia a Down Galicia na súa loita por unha educación inclusiva

En DOWN GALICIA necesitamos o voso apoio no noso proxecto “UNA ESCUELA PARA TOD@S: inclusión educativa de alumn@s con Síndrome de Down y/o discapacidad intelectual” presentado á convocatoria “Tu proyecto. Nuestro proyecto” de Honda. Este proxecto ten por obxectivo promover e facilitar a inclusión escolar do alumnado coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual na…

Down Galicia e a Consellería de Educación asinan un convenio para favorecer a atención educativa do alumnado coa síndrome de Down

Delmiro Prieto, presidente da Federación Down Galicia, e Román Rodríguez González, conselleiro en funcións de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, asinaron esta mañá un convenio para establecer as condicións da colaboración entre a Consellería e a Federación (xunto coas súas entidades membros) nas accións e actividades dirixidas á mellora da atención educativa ó alumnado coa…

Fundación Mapfre aposta pola inserción laboral de persoas con discapacidade en Galicia

Empresas que desenvolven a súa actividade en Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa asistiron hoxe en Vigo a un encontro empresarial organizado por Fundación Mapfre. O obxectivo foi presentarlles o programa “Juntos Somos Capaces”, que leva a cabo esta entidade desde 2010 co fin de promover a formación ocupacional e a inserción laboral de persoas…

A Consellería de Política Social apoia a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down en Galicia

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dependente da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, afianza o seu compromiso coa inserción laboral de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual cunha achega de 2.250,78€ ó proxecto “Voluntariado e adestramento en habilidades complementarias ó posto de traballo para persoas coa síndrome de…